Benvida aos lectores deste blog

Benvidos e benvidas todos e todas! Acabades de entrar no blog da aula de 2º ciclo do CEIP Rodolfo Núñez, de Vilardevós (Ourense). O título deste blog foi idea dos alumnos, que o someteron a decisión grupal, e que resume o xeito que temos de traballar nesta aula. Espero que sexa do interese de todos, e que os alumnos se sintan motivados ao verse como os protagonistas que son da súa educación. Ademáis convén aproveitar os enlaces que poden axudar a reforzar coñecementos. Un saúdo!

sábado, 12 de enero de 2013

Comezamos Proxecto sobre o corpo humano

Comezamos Proxecto sobre o corpo humano! on PhotoPeach

Desde París, Vietnam, Camboia e Rapallo!!!

Desde París, Vietnam, Camboia e Rapallo!!! on PhotoPeach

Noelie, a prima de Pablo (alumno de 4º), enviounos dúas postais e unha lista de palabras en francés desde a súa cidade, París. Pablo Cortés, ao que lle agradecemos que nos enviara postais desde tan lonxe e billetes dos países que visitou: Viet Nam e Camboia. E por último, agradecerlle á tía Gelita, de Anxo (alumno de 4º), que nos mandara postais e unha carta desde Rapallo, Italia, cidade onde vive desde hai anos coa súa familia.

Máis postais e buscando nos mapas desde dónde!!!

Máis postais e buscando nos mapas desde dónde!!! on PhotoPeach

Desde Bilbao chegaron grazas a Cristina Barcala, a quen lle agradecemos enormemente que tivera o detalle, e tamén a Delia Sebastián e Sonia, desde Burgos, e logo a actividade que se ve nas fotos é a búsqueda dos países e comunidades autónomas desde as que están chegando postais.