Benvida aos lectores deste blog

Benvidos e benvidas todos e todas! Acabades de entrar no blog da aula de 2º ciclo do CEIP Rodolfo Núñez, de Vilardevós (Ourense). O título deste blog foi idea dos alumnos, que o someteron a decisión grupal, e que resume o xeito que temos de traballar nesta aula. Espero que sexa do interese de todos, e que os alumnos se sintan motivados ao verse como os protagonistas que son da súa educación. Ademáis convén aproveitar os enlaces que poden axudar a reforzar coñecementos. Un saúdo!

domingo, 16 de diciembre de 2012

Cartas cara París, Edimburgo, Génova, Huelva, Baleares. E postais recibidas desde Suiza e Finlandia!

Como hai nenos e nenas con familiares ou amigos noutros lugares, tamén os invitamos a participar no noso proxecto!!!
Cartas cara París, Edimburgo, Génova, Huelva, Baleares. E postais recibidas desde Suiza e Finlandia! on PhotoPeach

Postais desde Badaxoz

Postais desde Badaxoz on PhotoPeach

Chegaron desde Badaxoz unha morea de cousas: carta, postais, mapa e guía turística!! A través da carta nos internamos na historia, na xeografía e nos costumes estremeños. Buscamos en enciclopedias, calculamos datas, interpretamos mapas... foi un día grandísimo!!

Chegou correo de Barcelona

Chegou correo de Barcelona on PhotoPeach

Como chovía a cántaros non poidemos ir á oficina de Correos... pero veu o carteiro á clase a traernos unhas postais que nos enviou Marta desde Barcelona, e foi tan amable que incluso nos explicou con todo detalle o funcionamento de Correos.
Logo, lemos con moitísima interese as dúas postais e buscamos a Gaudí na enciclopedia.
Nunha das postais viña unha proposta: se conseguimos averiguar un detalle sobre Gaudí, como premio poderemos decorar un biscoito con Lacasitos imitando a técnica deste famoso arquitecto. Despois, temos que enviar a foto da nosa obra de arte a Marta Alcoy, que tan ben se portou connosco. Conseguirémolo?

Repasamos comunidades, provincias e continentes

Repasamos comunidades, provincias e continentes on PhotoPeach

lunes, 10 de diciembre de 2012

Proxecto Ríos

http://augaquevasbeber.blogspot.com.es/

Un novo blog onde podes consultar información sobre ríos e augas en xeral. Tamén podes participar!!