Chegou correo de Barcelona on PhotoPeach
Como chovía a cántaros non poidemos ir á oficina de Correos... pero veu o carteiro á clase a traernos unhas postais que nos enviou Marta desde Barcelona, e foi tan amable que incluso nos explicou con todo detalle o funcionamento de Correos.
Logo, lemos con moitísima interese as dúas postais e buscamos a Gaudí na enciclopedia.
Nunha das postais viña unha proposta: se conseguimos averiguar un detalle sobre Gaudí, como premio poderemos decorar un biscoito con Lacasitos imitando a técnica deste famoso arquitecto. Despois, temos que enviar a foto da nosa obra de arte a Marta Alcoy, que tan ben se portou connosco. Conseguirémolo?
Benvida aos lectores deste blog
Benvidos e benvidas todos e todas! Acabades de entrar no blog da aula de 2º ciclo do CEIP Rodolfo Núñez, de Vilardevós (Ourense). O título deste blog foi idea dos alumnos, que o someteron a decisión grupal, e que resume o xeito que temos de traballar nesta aula. Espero que sexa do interese de todos, e que os alumnos se sintan motivados ao verse como os protagonistas que son da súa educación. Ademáis convén aproveitar os enlaces que poden axudar a reforzar coñecementos. Un saúdo!
domingo, 16 de diciembre de 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario se tes dúbidas, se queres dar a túa opinión, etc.