Benvida aos lectores deste blog

Benvidos e benvidas todos e todas! Acabades de entrar no blog da aula de 2º ciclo do CEIP Rodolfo Núñez, de Vilardevós (Ourense). O título deste blog foi idea dos alumnos, que o someteron a decisión grupal, e que resume o xeito que temos de traballar nesta aula. Espero que sexa do interese de todos, e que os alumnos se sintan motivados ao verse como os protagonistas que son da súa educación. Ademáis convén aproveitar os enlaces que poden axudar a reforzar coñecementos. Un saúdo!

martes, 30 de julio de 2013

Finais e despedidas

Xa levamos un tempiño de vacacións e xa nos despedimos e desexamos boa sorte, pero aquí no blog parece que quedou aínda un oco pequeniño para un peche e un adeus. O blog queda aberto para que quen queira usalo, poida facelo sen problemas, ou se se quere comentar algo nel, tamén se pode; pero, en principio, non se van colgar máis contidos, e iso si que pode soar a despedida "dixital".
Que teñades moita sorte no próximo curso, seguide sendo así tan traballadores (algún un pouco máis...) e pensade que me vou acordar moitísimo de vós porque fostes un curso moi bo e uns nenos e nenas encantadores. Boas vacacións!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario se tes dúbidas, se queres dar a túa opinión, etc.