Benvida aos lectores deste blog

Benvidos e benvidas todos e todas! Acabades de entrar no blog da aula de 2º ciclo do CEIP Rodolfo Núñez, de Vilardevós (Ourense). O título deste blog foi idea dos alumnos, que o someteron a decisión grupal, e que resume o xeito que temos de traballar nesta aula. Espero que sexa do interese de todos, e que os alumnos se sintan motivados ao verse como os protagonistas que son da súa educación. Ademáis convén aproveitar os enlaces que poden axudar a reforzar coñecementos. Un saúdo!

domingo, 7 de octubre de 2012

Telexornal 1

Algo nerviosos por ser o noso Primeiro Telexornal informamos de primeirísima man todo o acontecido ao longo destas primeiras semanas na aula de 2º ciclo. Os equipos de redacción das noticias elaboraron e memorizaron unha serie de noticias que facían referencia a coñecementos adquiridos nalgunhas materias e os presentadores, que foron todos e todas, fixeron gala da súa sabedoría e simpatía ao dar o informativo.
Esperamos no Segundo Telexornal ter un televisor máis sofisticado e ir collendo cada vez máis táboas, máis habilidade, á hora de expresar a nosa información. A todos e cada un dos participantes deste vídeo, a miña máxima noraboa!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario se tes dúbidas, se queres dar a túa opinión, etc.