Benvida aos lectores deste blog

Benvidos e benvidas todos e todas! Acabades de entrar no blog da aula de 2º ciclo do CEIP Rodolfo Núñez, de Vilardevós (Ourense). O título deste blog foi idea dos alumnos, que o someteron a decisión grupal, e que resume o xeito que temos de traballar nesta aula. Espero que sexa do interese de todos, e que os alumnos se sintan motivados ao verse como os protagonistas que son da súa educación. Ademáis convén aproveitar os enlaces que poden axudar a reforzar coñecementos. Un saúdo!

viernes, 17 de mayo de 2013

Xogo para aprender ovíparos

Xogo sobre ovíparos on PhotoPeach

Postais desde Brasil!! Que bonitas!

Chegou postal desde Brasil!!!! on PhotoPeach

Chegáronnos dúas postais desde Brasil, do noso amigo Beto, ao que lle damos as grazas. Aos nenos e nenas gustáronlles moito, ao igual que saber datos interesantes sobre o río Amazonas, a selva Amazonas, a capital Brasilia, o samba, o Carnaval, o idioma... moitos xa coñecen o portugués, porque este colexio está moi preto de Portugal e dan clases en lingua portuguesa! Grazas Beto ;P

Postal de Arxentina, de Perito Moreno!

Postal de Arxentina, de Perito Moreno! on PhotoPeach

Que afortunados! Recibimos unha postal desde Perito Moreno, un dos glaciares que hai na Patagonia!! Gustounos moitísimo, e tamén averiguar sobre os glaciares! O blog dos dous profes aventureiros e valentes que nos enviaron a postal é: http://buscando.waslala.org/ Creo que se pinchas nel, entenderás mellor a súa interesante labor.

Cartas dos nosos amigos de Amicos

Cartas dos nosos amigos de Amicos on PhotoPeach

Os nosos amigos da Asociación Amicos enviáronnos unhas cartas interesantísimas onde nos contan cómo é a súa vida, o que lles gusta facer, e tamén o que lles gustaría facer. Nós ímoslles contestar, tamén coas nosas presentacións, e ademáis imos escribir novas leis na cidade "Mundo Villápolis" para que xente coma Alfonso, Gorka, Juanma, Domingo, etc poidan vivir con máis facilidade. Moitas grazas amigos!!