Cartas dos nosos amigos de Amicos on PhotoPeach
Os nosos amigos da Asociación Amicos enviáronnos unhas cartas interesantísimas onde nos contan cómo é a súa vida, o que lles gusta facer, e tamén o que lles gustaría facer. Nós ímoslles contestar, tamén coas nosas presentacións, e ademáis imos escribir novas leis na cidade "Mundo Villápolis" para que xente coma Alfonso, Gorka, Juanma, Domingo, etc poidan vivir con máis facilidade. Moitas grazas amigos!!
Benvida aos lectores deste blog
Benvidos e benvidas todos e todas! Acabades de entrar no blog da aula de 2º ciclo do CEIP Rodolfo Núñez, de Vilardevós (Ourense). O título deste blog foi idea dos alumnos, que o someteron a decisión grupal, e que resume o xeito que temos de traballar nesta aula. Espero que sexa do interese de todos, e que os alumnos se sintan motivados ao verse como os protagonistas que son da súa educación. Ademáis convén aproveitar os enlaces que poden axudar a reforzar coñecementos. Un saúdo!
viernes, 17 de mayo de 2013
Cartas dos nosos amigos de Amicos
Etiquetas:
Aula,
describir,
educación emocional,
escritura,
Mundo-Villápolis,
Proxectos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Acabamos de ver a vosa presentación na aula e gustounos moito. Esperamos que a vosa cidade sea un bo lugar para vivir. Tamén desexamos que as vosas cartas cheguen pronto. Un saúdo dende a aula de plurideficiencias e dende a aula de autismo de AMICOS!!!!!
ResponderEliminar