http://orientacionandujar.wordpress.com/2012/09/20/nuevo-generador-de-cuentos-version-2-0-mas-1001-cuentos-para-trabajar-la-escritura-creativa/
Benvida aos lectores deste blog
Benvidos e benvidas todos e todas! Acabades de entrar no blog da aula de 2º ciclo do CEIP Rodolfo Núñez, de Vilardevós (Ourense). O título deste blog foi idea dos alumnos, que o someteron a decisión grupal, e que resume o xeito que temos de traballar nesta aula. Espero que sexa do interese de todos, e que os alumnos se sintan motivados ao verse como os protagonistas que son da súa educación. Ademáis convén aproveitar os enlaces que poden axudar a reforzar coñecementos. Un saúdo!
domingo, 30 de septiembre de 2012
sábado, 29 de septiembre de 2012
Novo Proxecto: O TELEXORNAL
Boas a todos e todas, de novo! Entro para falarvos doutro Proxecto que imos realizar na aula. Ao final de cada semana os alumnos, por grupos, van a informar "televisivamente" do que aprenderon durante a semana. Para iso, nos comportaremos como un equipo de xornalistas facendo listas do aprendido, redactando breves noticias do acontecido na aula, practicando a súa lectura para saír na "tele" e logo, os presentadores e presentadoras, sairán nunha televisión (nos faremos con unha) e serán gravados. Logo poderán verse a través do blog.
Esta semana será a primeira! A ver que tal sae o experimento!
Esta semana será a primeira! A ver que tal sae o experimento!
domingo, 23 de septiembre de 2012
sábado, 22 de septiembre de 2012
Algúns nenos e nenas escribindo un conto con continentes e océanos
Algúns nenos e nenas escribindo un conto con continentes e océanos on PhotoPeach
viernes, 21 de septiembre de 2012
Hey Jude - Paul McCartney, Eric Clapton, Sting, Phil Collins, Mark Knopf...
Esta é unha versión do HEY JUDE, dos Beatles, que no vídeo da cerimonia de inauguración aparece cortada. Para que a escoitedes enteira.
Unha visita á aula
A clase conta cunha biblioteca de aula e estanterías onde organizar os materiais.
Esta é a "mesa de debate". É onde se resolven problemas, onde se explican diferencias á hora de traballar, e onde temos espazo para algúns xogos ou manualidades.
O Pódium das Medallas
Este é o primeiro proxecto desde o que imos traballar na aula. É o título ideado polos nenos e nenas para tratar os Xogos Olímpicos. E dentro de tal proxecto, o que decidiron investigar foi: Cerimonias de apertura e clausura; Que son os Xogos Olímpicos?; As diferentes probas, a máis importante, individuais e en equipo; Os deportistas: nº de participantes, lugares de procedencia, biografía, alimentación, gañadores...; Xogos Paralímpicos. que son?, clasificación, gañadores, biografía.
Ademais están xurdindo contidos algo máis forzados, como a noticia periodística, os prefixos, continentes e océanos, países de Europa (creo que pronto decidirán continuar con outros continentes), sinónimos... que van saindo a colación neste proxecto, e que aproveitamos para cada día saber máis.
Iremos relatando os avances! Ata outra!
Ademais están xurdindo contidos algo máis forzados, como a noticia periodística, os prefixos, continentes e océanos, países de Europa (creo que pronto decidirán continuar con outros continentes), sinónimos... que van saindo a colación neste proxecto, e que aproveitamos para cada día saber máis.
Iremos relatando os avances! Ata outra!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)