Este é o primeiro proxecto desde o que imos traballar na aula. É o título ideado polos nenos e nenas para tratar os Xogos Olímpicos. E dentro de tal proxecto, o que decidiron investigar foi: Cerimonias de apertura e clausura; Que son os Xogos Olímpicos?; As diferentes probas, a máis importante, individuais e en equipo; Os deportistas: nº de participantes, lugares de procedencia, biografía, alimentación, gañadores...; Xogos Paralímpicos. que son?, clasificación, gañadores, biografía.
Ademais están xurdindo contidos algo máis forzados, como a noticia periodística, os prefixos, continentes e océanos, países de Europa (creo que pronto decidirán continuar con outros continentes), sinónimos... que van saindo a colación neste proxecto, e que aproveitamos para cada día saber máis.
Iremos relatando os avances! Ata outra!
Benvida aos lectores deste blog
Benvidos e benvidas todos e todas! Acabades de entrar no blog da aula de 2º ciclo do CEIP Rodolfo Núñez, de Vilardevós (Ourense). O título deste blog foi idea dos alumnos, que o someteron a decisión grupal, e que resume o xeito que temos de traballar nesta aula. Espero que sexa do interese de todos, e que os alumnos se sintan motivados ao verse como os protagonistas que son da súa educación. Ademáis convén aproveitar os enlaces que poden axudar a reforzar coñecementos. Un saúdo!
viernes, 21 de septiembre de 2012
O Pódium das Medallas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mola! Estarei atento, a ver como evoluciona este interesantísimo blog.
ResponderEliminarE feliz curso 2012-13!!!
Escribímosche desde a aula, pero ao final houbo un problema de conexión e non poidemos mandarche. Creo que podo recordar máis ou menos o texto:
ResponderEliminar"Ola profe Miguel! Que tal no novo cole? Agora temos unha profe que se chama Marta e nos dà os apoios, coma ti antes. Estamos escribindo a turnos nos ordenadores. Comezamos cun proxecto sobre os Xogos Olímpicos. Esperamos que che vaia moi ben no novo cole. Bicos de todos e todas!"