Boas a todos e todas, de novo! Entro para falarvos doutro Proxecto que imos realizar na aula. Ao final de cada semana os alumnos, por grupos, van a informar "televisivamente" do que aprenderon durante a semana. Para iso, nos comportaremos como un equipo de xornalistas facendo listas do aprendido, redactando breves noticias do acontecido na aula, practicando a súa lectura para saír na "tele" e logo, os presentadores e presentadoras, sairán nunha televisión (nos faremos con unha) e serán gravados. Logo poderán verse a través do blog.
Esta semana será a primeira! A ver que tal sae o experimento!
Benvida aos lectores deste blog
Benvidos e benvidas todos e todas! Acabades de entrar no blog da aula de 2º ciclo do CEIP Rodolfo Núñez, de Vilardevós (Ourense). O título deste blog foi idea dos alumnos, que o someteron a decisión grupal, e que resume o xeito que temos de traballar nesta aula. Espero que sexa do interese de todos, e que os alumnos se sintan motivados ao verse como os protagonistas que son da súa educación. Ademáis convén aproveitar os enlaces que poden axudar a reforzar coñecementos. Un saúdo!
sábado, 29 de septiembre de 2012
Novo Proxecto: O TELEXORNAL
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario se tes dúbidas, se queres dar a túa opinión, etc.