Benvida aos lectores deste blog

Benvidos e benvidas todos e todas! Acabades de entrar no blog da aula de 2º ciclo do CEIP Rodolfo Núñez, de Vilardevós (Ourense). O título deste blog foi idea dos alumnos, que o someteron a decisión grupal, e que resume o xeito que temos de traballar nesta aula. Espero que sexa do interese de todos, e que os alumnos se sintan motivados ao verse como os protagonistas que son da súa educación. Ademáis convén aproveitar os enlaces que poden axudar a reforzar coñecementos. Un saúdo!

viernes, 30 de noviembre de 2012

As postais voadoras



Iniciamos un novo proxecto chamado "As postais voadoras" e que nos ten emocionadísimos!!

Queremos reunir unha serie de postais de diferentes partes do mundo: unhas doutros países e outras das diferentes Comunidades Autónomas, para así localizar mellor os lugares e comprender mellor conceptos como correo postal e correo electrónico, internarnos nas novas tecnoloxías, repasar a carta, coñecer as partes dunha postal, saber cultura, coñecer as linguas que se falan en cada lugar, vocabulario novo como "oriúndo" e "emigrar"... en definitiva, todo o que vaia xurdindo a partir das postais.
Desde aquí queremos agradecer o apoio que estamos a ter por parte dos coñecidos e coñecidas que temos espallados polo mundo adiante e que de bo grado están colaborando neste proxecto.

En primeiro lugar mandamos invitacións explicando en qué consistía o proxecto. Aos que emigraron desde Galicia lla escribimos en galego e un grupo de tradución a pasou ao castelán, para as persoas que non entenderan o galego.


 En segundo lugar, fixemos unha lista de países e persoas, se eran do lugar onde vivían ou se emigraran, se tiñamos o enderezo postal ou o electrónico, e o que queriamos saber de cada unha.


Pasamos a limpo as invitacións:



O equipo de tradutores se esforzou coa letra...


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario se tes dúbidas, se queres dar a túa opinión, etc.