Benvida aos lectores deste blog

Benvidos e benvidas todos e todas! Acabades de entrar no blog da aula de 2º ciclo do CEIP Rodolfo Núñez, de Vilardevós (Ourense). O título deste blog foi idea dos alumnos, que o someteron a decisión grupal, e que resume o xeito que temos de traballar nesta aula. Espero que sexa do interese de todos, e que os alumnos se sintan motivados ao verse como os protagonistas que son da súa educación. Ademáis convén aproveitar os enlaces que poden axudar a reforzar coñecementos. Un saúdo!

sábado, 10 de noviembre de 2012

Elaborando un dicionario sobre paisaxe de costa e interior

Elaborando un dicionario sobre paisaxe de costa e interior on PhotoPeach

Os alumnos dividíronse en 2 grupos para así organizar mellor o traballo: un grupo encargaríase da paisaxe de costa e outro da de interior.
En 1º lugar os nenos e nenas escribiron unha lista de palabras que definisen esas paisaxes, para iso buscaron en varios libros de texto.
En 2º lugar, como os dicionarios están ordeados, tiveron que ordear alfabeticamente esas palabras.
En 3º lugar, buscaron en dicionarios e libros de texto como se dicía cada unha desas palabras tamén no castelán, escribiron a palabra castelá ao lado da que xa buscaran en galego,  e logo buscaron e anotaron o significado.
En 4º lugar, foron aos ordenadores, e pasaron a limpo nun documento word todo o traballo, para poder telo  todo todos.

Así xa poderán estudar ese vocabulario e empregalo cando teñan que facer unha descripción dunha paisaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario se tes dúbidas, se queres dar a túa opinión, etc.