Benvida aos lectores deste blog

Benvidos e benvidas todos e todas! Acabades de entrar no blog da aula de 2º ciclo do CEIP Rodolfo Núñez, de Vilardevós (Ourense). O título deste blog foi idea dos alumnos, que o someteron a decisión grupal, e que resume o xeito que temos de traballar nesta aula. Espero que sexa do interese de todos, e que os alumnos se sintan motivados ao verse como os protagonistas que son da súa educación. Ademáis convén aproveitar os enlaces que poden axudar a reforzar coñecementos. Un saúdo!

domingo, 16 de diciembre de 2012

Cartas cara París, Edimburgo, Génova, Huelva, Baleares. E postais recibidas desde Suiza e Finlandia!

Como hai nenos e nenas con familiares ou amigos noutros lugares, tamén os invitamos a participar no noso proxecto!!!
Cartas cara París, Edimburgo, Génova, Huelva, Baleares. E postais recibidas desde Suiza e Finlandia! on PhotoPeach

Postais desde Badaxoz

Postais desde Badaxoz on PhotoPeach

Chegaron desde Badaxoz unha morea de cousas: carta, postais, mapa e guía turística!! A través da carta nos internamos na historia, na xeografía e nos costumes estremeños. Buscamos en enciclopedias, calculamos datas, interpretamos mapas... foi un día grandísimo!!

Chegou correo de Barcelona

Chegou correo de Barcelona on PhotoPeach

Como chovía a cántaros non poidemos ir á oficina de Correos... pero veu o carteiro á clase a traernos unhas postais que nos enviou Marta desde Barcelona, e foi tan amable que incluso nos explicou con todo detalle o funcionamento de Correos.
Logo, lemos con moitísima interese as dúas postais e buscamos a Gaudí na enciclopedia.
Nunha das postais viña unha proposta: se conseguimos averiguar un detalle sobre Gaudí, como premio poderemos decorar un biscoito con Lacasitos imitando a técnica deste famoso arquitecto. Despois, temos que enviar a foto da nosa obra de arte a Marta Alcoy, que tan ben se portou connosco. Conseguirémolo?

Repasamos comunidades, provincias e continentes

Repasamos comunidades, provincias e continentes on PhotoPeach

lunes, 10 de diciembre de 2012

Proxecto Ríos

http://augaquevasbeber.blogspot.com.es/

Un novo blog onde podes consultar información sobre ríos e augas en xeral. Tamén podes participar!!


viernes, 30 de noviembre de 2012

Ligazón escritura

Este enlace é boísimo para practicar a escritura de contos, postais, viaxes... pincha aquí

Excursión a Ourense (xogando)

Excursión a Ourense (xogando) on PhotoPeach

Non se ven nada ben as fotos, pero creo que a alegría se aprecia perfectamente.

As postais voadoras



Iniciamos un novo proxecto chamado "As postais voadoras" e que nos ten emocionadísimos!!

Queremos reunir unha serie de postais de diferentes partes do mundo: unhas doutros países e outras das diferentes Comunidades Autónomas, para así localizar mellor os lugares e comprender mellor conceptos como correo postal e correo electrónico, internarnos nas novas tecnoloxías, repasar a carta, coñecer as partes dunha postal, saber cultura, coñecer as linguas que se falan en cada lugar, vocabulario novo como "oriúndo" e "emigrar"... en definitiva, todo o que vaia xurdindo a partir das postais.
Desde aquí queremos agradecer o apoio que estamos a ter por parte dos coñecidos e coñecidas que temos espallados polo mundo adiante e que de bo grado están colaborando neste proxecto.

En primeiro lugar mandamos invitacións explicando en qué consistía o proxecto. Aos que emigraron desde Galicia lla escribimos en galego e un grupo de tradución a pasou ao castelán, para as persoas que non entenderan o galego.


 En segundo lugar, fixemos unha lista de países e persoas, se eran do lugar onde vivían ou se emigraran, se tiñamos o enderezo postal ou o electrónico, e o que queriamos saber de cada unha.


Pasamos a limpo as invitacións:



O equipo de tradutores se esforzou coa letra...


Correo postal e correo electrónico


domingo, 11 de noviembre de 2012

Letras magosto


O CARRO- FUXAN OS VENTOS


Non canta na Chá ninguén,
por éso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.

O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
iQué fermosa e a sua feitura!
iQué lixereza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
iCarrétame herba pro gando!
iTraime a colleita pra casa!


Non chas quero


Non chas quero, non chas quero
Castañas do teu Magosto
Non chas quero, non chas quero
Que me cheiran ao chamosco.

Non chas quero, non chas quero
Nabizas do teu nabal
Non chas quero, non chas quero
Que me poden facer mal

LIGAZON ORTOGRAFÍA

http://www.educa.madrid.org/binary/851/files985/

sábado, 10 de noviembre de 2012

Elaborando un dicionario sobre paisaxe de costa e interior

Elaborando un dicionario sobre paisaxe de costa e interior on PhotoPeach

Os alumnos dividíronse en 2 grupos para así organizar mellor o traballo: un grupo encargaríase da paisaxe de costa e outro da de interior.
En 1º lugar os nenos e nenas escribiron unha lista de palabras que definisen esas paisaxes, para iso buscaron en varios libros de texto.
En 2º lugar, como os dicionarios están ordeados, tiveron que ordear alfabeticamente esas palabras.
En 3º lugar, buscaron en dicionarios e libros de texto como se dicía cada unha desas palabras tamén no castelán, escribiron a palabra castelá ao lado da que xa buscaran en galego,  e logo buscaron e anotaron o significado.
En 4º lugar, foron aos ordenadores, e pasaron a limpo nun documento word todo o traballo, para poder telo  todo todos.

Así xa poderán estudar ese vocabulario e empregalo cando teñan que facer unha descripción dunha paisaxe.

viernes, 2 de noviembre de 2012

Samaín en Vilardevós!

Samaín en Vilardevós!! on PhotoPeach Os nenas e nenas do colexio, e en especial os do 2º ciclo, ían terroríficos!!!

sábado, 27 de octubre de 2012

APRENDEMOS A DESCRIBIR

A LIGAZÓN ESTÁ AQUÍ


Pasapalabra sobre Antónimos

Para iniciar o Pasapalabra de Antónimos (contrarios) pincha aquí


NIVEL 1: SUPERADO!!!!!!!!!!


TODOS e TODAS conseguimos pasar o nivel 1, que consistía en aprender os países de Europa!!!
Cada alumno/a vai conseguindo pasar de niveis, pero só cando toda a clase o consegue, é unha victoria real, porque ademáis de estar contento de aprender e de superarse, tamén pode alegrarse polo avance de todos os seus compañeiros. E iso está xenial!!
Cando todos e todas pasemos o nivel 2, que son os países de África, mostraremos a foto conxunta do noso éxito. Estade atentos! Será pronto!!

domingo, 7 de octubre de 2012

Telexornal 1

Algo nerviosos por ser o noso Primeiro Telexornal informamos de primeirísima man todo o acontecido ao longo destas primeiras semanas na aula de 2º ciclo. Os equipos de redacción das noticias elaboraron e memorizaron unha serie de noticias que facían referencia a coñecementos adquiridos nalgunhas materias e os presentadores, que foron todos e todas, fixeron gala da súa sabedoría e simpatía ao dar o informativo.
Esperamos no Segundo Telexornal ter un televisor máis sofisticado e ir collendo cada vez máis táboas, máis habilidade, á hora de expresar a nosa información. A todos e cada un dos participantes deste vídeo, a miña máxima noraboa!!

sábado, 29 de septiembre de 2012

Xogos para aprender países de todos os continentes

http://www.dibujosparapintar.com/juegos_ed_geografia.html

África

América

Asia

Oceanía

http://www.luventicus.org/oceania/mapa.html


Novo Proxecto: O TELEXORNAL

Boas a todos e todas, de novo! Entro para falarvos doutro Proxecto que imos realizar na aula. Ao final de cada semana os alumnos, por grupos, van a informar "televisivamente" do que aprenderon durante a semana. Para iso, nos comportaremos como un equipo de xornalistas facendo listas do aprendido, redactando breves noticias do acontecido na aula, practicando a súa lectura para saír na "tele" e logo, os presentadores e presentadoras, sairán nunha televisión (nos faremos con unha) e serán gravados. Logo poderán verse a través do blog.
Esta semana será a primeira! A ver que tal sae o experimento!

domingo, 23 de septiembre de 2012

Xogos Supersaber

http://www.supersaber.com/

Ortografía galega

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1326964779/contido/ortografia/ortografia/index.html

Estudamos Europa

http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/SEXTO/datos/02_Cono/datos/05rdi/11/unidad11.htm

Símbolos da Unión Europea

http://www.educared.org/global/anavegar5/podium/images/E/1822/Pagina%20web%20Castellano/Simbolos.htm#Himno

Enlaces a mapas interactivos

http://www.luventicus.org/europa/mapa.html

http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos

viernes, 21 de septiembre de 2012

Hey Jude - Paul McCartney, Eric Clapton, Sting, Phil Collins, Mark Knopf...

Esta é unha versión do HEY JUDE, dos Beatles, que no vídeo da cerimonia de inauguración aparece cortada. Para que a escoitedes enteira.

Inauguración de los Juegos Olimpicos Londres 2012

Ligazón para estudar Europa

http://diverproa.blogspot.com.es/2012/05/hoxe-9-de-maio-e-o-dia-de-europa-pra.html?spref=fb

Igual significado: sinónimo


 Xogando a emparellar sinónimos!!


Os nenos de 3º e de 4º axúdanse entre si.


Unha visita á aula



A clase conta cunha biblioteca de aula e estanterías onde organizar os materiais.

Esta é a "mesa de debate". É onde se resolven problemas, onde se explican diferencias á hora de traballar, e onde temos espazo para algúns xogos ou manualidades.

O Pódium das Medallas

Este é o primeiro proxecto desde o que imos traballar na aula. É o título ideado polos nenos e nenas para tratar os Xogos Olímpicos. E dentro de tal proxecto, o que decidiron investigar foi: Cerimonias de apertura e clausura; Que son os Xogos Olímpicos?; As diferentes probas, a máis importante, individuais e en equipo; Os deportistas: nº de participantes, lugares de procedencia, biografía, alimentación, gañadores...; Xogos Paralímpicos. que son?, clasificación, gañadores, biografía.
Ademais están xurdindo contidos algo máis forzados, como a noticia periodística, os prefixos, continentes e océanos, países de Europa (creo que pronto decidirán continuar con outros continentes), sinónimos... que van saindo a colación neste proxecto, e que aproveitamos para cada día saber máis.
Iremos relatando os avances! Ata outra!